O investimento en ciencia foi un 42% menos en 2020 que en 2009

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Goberno español investiu o ano pasado uns 2658 millóns de euros en investigación científica, desenvolvemento e innovación (I+D+I), case un 42% menos que en 2009, segundo os datos do Ministerio de Ciencia. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presentou o 9 de xullo de 2020, tras a primeira onda da pandemia, un plan de choque para impulsar a ciencia española, lastrada por unha década de recortes. O conxunto do Goberno, con todo, investiu en 2020 neste ámbito apenas un 3% máis que en 2019, aínda que foi un 16% máis que en 2016, cando os orzamentos tocaron fondo co Executivo de Mariano Rajoy.

O Ministerio de Ciencia, dirixido por Pedro Duque, sacou peito da súa xestión, a pesar “das dificultades” de funcionar cuns Orzamentos herdados do equipo de Rajoy e estendidos até 2020 ante a dificultade de aprobar uns novos. O Goberno no seu conxunto executou un 89,6% do seu orzamento non financeiro para I+D+I, unha cifra que se eleva ao 99,7% na parte do Ministerio de Ciencia, segundo as cifras do departamento.

Duque lembrou que o orzamento do seu departamento aumentará case un 60% en 2021, primeiro ano con contas propias do Goberno socialista. O seu investimento directo previsto superará os 3230 millóns de euros, o maior desembolso para a I+D+I civil da historia de España, segundo o ministerio. O ministro afirmou que “esta subida de la financiación, junto con la reforma de la Ley de la Ciencia” porá a España “en la senda de revertir los errores del pasado”.

A Fundación Cotec, presidida pola exministra socialista Cristina Garmendia, presentou unha análise menos triunfalista. Os gobernos españois incharon tradicionalmente o seu orzamento real para ciencia sumando un diñeiro previsto para préstamos que despois apenas se utiliza, di Cotec, que describe no seu informe “una década perdida” para a ciencia e a innovación en España tras o desplome do investimento a partir de 2009.

Fonte: El País