Inxección de 40 millóns no polo aeroespacial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galicia lanzou o proceso de licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025, a primeira das 30 actuacións contempladas na nova Estratexia para este sector, que avanzou o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, desde a compostelá sede da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Esta convocatoria conta cun orzamento de 40 millóns de euros e o seu obxectivo é asinar entre catro e oito acordos de asociación e desenvolver oitenta proxectos de I+D. Entre as novidades con respecto ao proceso anterior, explicou Conde, está que a fórmula que se empregará será a licitación de compra pública precomercial co obxectivo de desenvolver tecnoloxías ao redor dos sistemas non tripulados.

Os pregos da licitación contemplan unha etapa de peche financeiro en 2022, na que tanto Xunta como licitadores poderán comprometer maiores fondos para a execución dos programas conxuntos de I+D, mantendo as portas abertas a canalizar maior financiamento unha vez se resolvan as incertezas sobre o papel das comunidades nos fondos europeos Next Generation.

Esta nova licitación reafirma o éxito do modelo de colaboración entre o sector público e o privado, incorporando tamén ás pemes, centros de coñecemento e as tres universidades galegas. “É unha fórmula pola que temos como ambición mobilizar máis de 500 millóns e, por tanto, consolidar así o Polo Aeroespacial de Galicia”, destacou o vicepresidente económico, pois o orzamento final queda condicionado á captación de investimento a través dos fondos europeos.

Os grandes desafíos a abordar a través deste modelo de colaboración público-privada serán o ecolóxico -a través do control e xestión da biodiversidade, tanto da fauna como da auga-, a transformación dixital -con especial atención á dependencia ou a sectores crave da economía galega como o agrario ou o turístico-, así como o reto demográfico, patrimonial e turístico, incidindo na sanidade rural ou a xestión eficiente do territorio.

Fonte: El Correo Gallego