O proxecto “Investigadores por uns días”, do IES A Guía de Vigo gañou a categoría reina do Cin-Vigo, “Ciencia na rúa”, organizado desde CinBio e o Concello. Os catro integrantes obtiveron a matrícula universitaria gratuíta e unha tablet. Os finalistas foron “Explorando as ondas cerebrais” e “Cold Vibes”, ambos os dous de Aulas Tecnópole de Ourense.
Galicia aspira a captar fondos europeos para que un xigante como Boeing siga a impulsar novas iniciativas como socio tecnolóxico e industrial do Polo Aeroespacial situado en Castro de Rei. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, sinalou a idea de que «no futuro Boeing poida permanecer e se poida implicar nun proxecto que ten presentado» co apoio económico dos Next Generation. Conde afirmou que a súa colaboración «está a ser imprescindible» para consolidar tecnoloxía, talento e para traballar con pemes e centros tecnolóxicos.
Á vez que desenvolve VíaTextil da man de pequenas empresas do seu sector, organizando reunións semanais para tecer unha rede de emprendedores ao redor da moda galega, Roberto Verino é máis internacional que nunca. A compañía, con Dora Casal como CEO, duplicou a súa facturación no estranxeiro no último ano. E aínda que a súa estratexia agora pasa por asentarse nestes mercados, non descartan expandirse a novos terreos aínda sen explorar: “Estamos a estudar outros países”.
A cooperativa Amarelante desenvolve diferentes produtos a partir da castaña. Está a colaborar coa Universidade de Santiago (a través do Campus de Lugo) e o Centro Tecnolóxico da Carne nun proxecto de elaboración de copos para almorzo.
«Están feitos con fariña de castaña en exclusiva, non levan parte de trigo e non teñen azucre, só mel», explica Óscar Freire, un dos socios da cooperativa. E engade: «Non existe nada igual, ou nós non o vimos». Avanza que axiña sacarán os copos ao mercado.
O Consello da Xunta aprobou unha nova convocatoria de axudas para promover o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas. Estará dotada con 7,5 millóns, financiados con fondos comunitarios. Poderán ser beneficiarias firmas e autónomos con domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, así como empresas de servizos enerxéticos.
É probable que o incremento do 89% no número de ciberataques rexistrados en España o ano pasado teña algo que ver coa necesidade de cubrir os máis de 61.000 postos de traballo vacantes nesta área. Ou quizais só sexa o atractivo que presenta o reto de evitar e cazar aos ciberdelincuentes.
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. Busca achegar a ciencia ao estudantado de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 18ª edición vaise celebrar o 10, 11 e 12 de maio coa temática “Aeronáutica e Aeroespacial”.
O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).
As autoridades chinesas confirmaron o seu visto e prace para formalizar un multipedido ao fabricante aeronáutico europeo Airbus, ao que encargaron 160 avións comerciais: 150 da familia de corredor único do supervendas A320 e os 10 restantes do modelo de dobre corredor e longo alcance A350. A autorización chinesa refírese a aparellos cuxa venda xa fora apalabrada o pasado ano e que desde entón figuraban na carteira de encargos previstos por Airbus, aínda que sen confirmar.
A Xunta prevé ampliar o parque público residencial do Concello de Oímbra a través dun proxecto piloto para a construción de vivendas en madeira que desenvolverán o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA). Segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o obxectivo é «impulsar novas promocións residenciais de carácter público nas que prime o uso de materiais sostibles respectuosos coa contorna».
Os graos de enxeñaría da UVigo presentaron no curso 21-22 -o último con datos consolidados- un 31,51% de alumnas, dato que contrasta co 26,9% que o IGE apunta para todas as universidades galegas no mesmo curso. É máis, mentres as cifras desta última estatística baixan desde o 31,1% de principios da década pasada, a proporción de mulleres nas enxeñarías da universidade viguesa non deixou de medrar, invertindo a tendencia a nivel autonómico.
O Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (Incibe) detectou na provincia 32.532 dispositivos vulnerables en internet o pasado 2022. Este número refírese aos puntos de conexión á rede que foron localizados como potencialmente expostos, comprometidos ou vulnerables. É dicir, que poden estar afectados por algún software malicioso, mal configurados ou expostos en internet de forma non desexada.