O Goberno porá en marcha un programa de apoio á oferta tecnolóxica que concorra aos procesos de compra pública innovadora

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Consello de Ministros aprobou o pasado venres 8 de xullo a regulación da compra pública innovadora, pola que todos os ministerios e os seus organismos públicos estarán obrigados a especificar nos seus presupostos e nos diferentes programas de actuación plurianuais as cantidades destinadas a esta modalidade de contratación, que consiste na adquisición por parte dos organismos públicos de produtos, bens e servizos innovadores. O obxectivo do Goberno é que en 2013 a compra pública innovadora alcance o 3% do Presuposto da Administración Xeral do Estado.
 
Nesta mesma liña, o Ministerio de Ciencia e Innovación porá en marcha un instrumento de financiamento de apoio á oferta tecnolóxica que concorra aos procesos de compra pública innovadora, chamado Programa INNODEMANDA e que contará para iso fondos provenientes do seu propio presuposto, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI).
 
Así, a través deste instrumento, financiarase ás empresas o custo da innovación para que ao órgano público lle custe o mesmo que se comprase tecnoloxía xa desenvolvida facilitando deste modo ás empresas participar máis na Administración cos seus produtos e servizos e, ademais, apoiarase aos órganos públicos na verificación do funcionamento dos pilotos e da calidade das propostas innovadoras.
 
A colaboración entre o CDTI e a entidade contratante formalizarase mediante un Protocolo de Actuación Xeral que establecerá e definirá os termos e condicións baixo os cales o CDTI poderá financiar as actividades de I+D asociadas aos procedementos de compra pública de tecnoloxía innovadora.
 
Para isto, establecerase un procedemento de análise/concesión acelerado deseñado para efecto, xa que o compromiso é o de simultanear a decisión do CDTI de apoiar a I+D dun proxecto coa do órgano adxudicatario da compra, para evitar que se dea unha cousa sen a outra.
 
Por outra banda, a presentación da solicitude de axuda a CDTI por parte das empresas deberá realizarse tras a publicación do anuncio de licitación. A continuación, o CDTI avaliará a proposta e acordará, no seu caso, a concesión da axuda correspondente, de forma que a decisión do CDTI se comunicará ás empresas antes da finalización do prazo de presentación de ofertas á licitación. Isto quere dicir que, con carácter xeral, o CDTI disporá dun prazo medio de seis semanas para dar unha resposta sobre o financiamento.
 
(Fonte: Ministerio de Ciencia)