Open Axel busca as 60 start-ups máis innovadoras de Europa

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Open Axel, proxecto financiado pola Comisión Europea para apoiar o crecemento e desenvolvemento de empresas tecnolóxicas, busca as 60 start-ups máis innovadoras e disruptivas de Europa para integralas nunha guía online que as poña no punto de mira internacional.

O obxectivo é dar visibilidade ás mellores empresas de innovación para que poidan crecer a nivel internacional e teñan acceso a potenciais investidores.

Esta "Guía Michelín" do emprendemento conformarase coas empresas que resulten gañadoras das dúas convocatorias do concurso de startups organizados para a ocasión.

A inscrición para a primeira convocatoria xa está aberta e permanecerá así ata o 29 de xuño. Pechado o prazo, seleccionaranse un total de 30 empresas, á espera das outras 30 que sairán dunha nova cita prevista para 2015.

Todos os proxectos seleccionados recibirán asesoramento e mentoring para acelerar os seus negocios, ademais de premios en metálico e unha viaxe a Silicon Valley para os nove primeiros.

Xunto á Comisión Europe, este proxecto está liderado por un consorcio de oito empresas procedentes de seis países europeos como AppCampus, Accelerace, DigitalEurope, Econet, IVSZ, FundingBox e as españolas Opinno e Wayra.

Accede aquí ás bases do concurso.

(Fonte: Innovaticias)