Políticas de innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Galicia crea unha unidade de investigación para regular o tráfico de drons

    O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a empresa everis Aeroespacial, Defensa e Seguridade (everis ADS) lanzaron AIRUS, a unidade Mixta que pretende automatizar a xestión integral do espazo aéreo que van ocupar os drons en voo.

    Trátase dunha solución tecnolóxica para controlar os drons pois "a xestión do tráfico aéreo é un problema que aínda está por resolver" e dependerá tamén da regulación que se está a elaborar, explicou o vicepresidente executivo de everis, Juan Bosco, durante a presentación da Unidade.

  • Só o 10% das empresas extrae todo o potencial da tecnoloxía

    As empresas só están aproveitando unha parte moi pequena do potencial que supoñen as novas tecnoloxías. De feito, só o 10% das compañías están tomando decisións óptimas de investimento e de adopción da tecnoloxía e obtendo o valor completo deses investimentos, segundo indica o estudo de Accenture “¿O teu legado ou a túa lenda? Guía para os CEOs: coomo maximizar o valor das novas tecnoloxías”.

  • O Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia investirá 2,6 millóns de euros en I+D+i

    O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González, presidiu a reunión de final de ano do padroado da fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), onde se fixo balance da actividade realizada no segundo semestre de 2019 e se deron a coñecer as liñas de actuación do exercicio que acaba de comezar. Neste sentido, o conselleiro destacou os máis de 2,6 millóns de euros que este centro investirá en proxectos de I+D+i no 2020, seguindo o camiño da Galicia innovadora.

  • Galicia planificará o futuro transporte intelixente con drons autónomos

    Aeroportos para drons, corredores aéreos, normas de circulación, sistemas de regulación de tráfico, operativos de navegación que eviten caídas ou posibles colisións no aire, plans de voo que lles permitan despegar e aterrar no punto máis adecuado de forma autónoma e sen ningún piloto que os controle... O que se viu ata agora é só o principio, porque o futuro será o dos drons profesionais dedicados ao envío de mercadorías, de vixilancia ou de inspección de todo tipo de ámbitos e servizos.

  • Mestrelab, SunRock e TraffikGene reciben os Premios Bioga 2019

    O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga), con apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain), entregou a semana pasada en Santiago de Compostela, no marco do BioDay, os VII Premios Bioga a Mestrelab como Empresa Biotech Máis Competitiva 2019, a SunRock Biopharma como Empresa Biotech Máis Innovadora 2019 e a TraffikGene como Mellor Idea Empresarial Biotech 2019.

  • A innovación dixital alíase coas pemes galegas a través dos hubs

    Dous novos hubs de innovación dixital ofrecerán ao tecido empresarial de Galicia un catálogo de servizos e recursos co que impulsar a súa transformación tecnolóxica.

    Con esta iniciativa, que se porá en funcionamento o ano que vén, a Xunta favorece o desenvolvemento dixital das pequenas e medianas empresas. Unha nova medida coa que conseguir que as pemes ganen en competitividade e poidan atraer talento á comunidade.

  • Premio para os nanosatélites e os biodeterxentes da Universidade de Vigo

    A Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, acaba de outorgar os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019 a dous grupos de investigación das universidade de Vigo e Santiago e tamén a unha spin-off do campus olívico.

    Estes premios están promovidos para recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente de organismos de investigación ao tecido produtivo. Os galardóns entregaranse nunha cerimonia que terá lugar o 11 de decembro. Están dotados con 6000 euros.

  • A startup española de intelixencia artificial Recognai, premio ao mellor uso de datos compartidos

    O premio para startups do Data Pitch de Open Data Institute (ODI) recaeu na española Recognai. Trátase dunha spin-off da Universidade Politécnica de Madrid, onde investigaba o seu cofundador Daniel Vila, nacida en 2017. "Facemos solucións de ciencia de datos e intelixencia artificial aplicada a texto. Aplicamos semántica computacional e aprendizaxe automática a datos non estruturados para automatizar procesos de xestión de información tediosos e custosos", afirma Vila.

  • A Xunta promove o uso dos incentivos fiscais á I+D+i como un mecanismo para impulsar o financiamento da innovación

    A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destaca a importancia de que as pemes coñezan os incentivos fiscais estatais e autonómicos á I+D+i para aumentar o seu aproveitamento. Durante unha xornada informativa, Argerey sinalou que este tipo de financiamento indirecto da innovación pode alcanzar entre un 12 e un 51% de dedución sobre o investimento en I+D+i, e que é compatible, con certos límites, coas axudas directas á innovación.

  • Xornada para descubrir materiais sustentables para o envasado de alimentos

    A Consellería de Economía, Emprego e Industria celebra o próximo xoves 14 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) unha nova xornada de traballo no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020.

    O workshop "Novos materiais para packaging sustentable" ten por obxectivo difundir entre as empresas e os profesionais do deseño galegos as oportunidades que abren os materiais innovadores para o envasado de alimentos coa menor pegada ambiental posible.

Páxinas