A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, abre ata o 31 de maio o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2019. Co obxectivo de facer o proceso de presentación de proxectos máis doada, simplificáronse as bases e reduciuse o tamaño máximo das memorias. Como nos anos anteriores, a tramitación das candidaturas faise telematicamente.
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) presentou a Business Factory Food, a primeira aceleradora do sector alimentario de Galicia. Promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), XesGalicia e a Axencia Galega de Innovación (Gain), BFFood nace para impulsar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, afianzar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.
A metade do investimento en investigación e desenvolvemento a nivel mundial concéntrase en tan só 87 compañías, con 1726 millóns de euros, segundo un informe elaborado pola consultora Oliver Wyman.
En total, durante 2016 investíronse 740.000 millóns de euros en I+D, o que supón un incremento do 5,8% con respecto ao ano anterior. Por áreas xeográficas, América acumulou 297.000 millóns de euros de investimento (+7,2%), mentres que en Europa se situou en 222.000 millóns de euros (+7%) e en Asia avanzou un 4,1%, ata os 219.000 millóns de euros.
Os físicos estadounidenses Charles Kane e Eugene Mele descubriron os illantes topolóxicos, "unha nova clase de materiais con propiedades extraordinarias". Estaban aí, na natureza, pero ata que Chales Kane e Eugene Mele os descubriron a ninguén se lle ocorrera poñerse a buscalos.
Estes dous físicos estadounidenses son os "pais" dos illantes topolóxicos, unha nova clase de materiais con propiedades electrónicas extraordinarias. Tanto, que se comportan como condutores na súa superficie, pero como illantes no seu interior.
España recibiu o empréstito de maior contía facilitado ata agora polo Banco Europeo de Investimentos (BEI) para apoiar a I+D+i: 1200 millóns de euros, que se destinarán a financiar as actividades que desenvolven os centros e institucións de investigación públicas en España ata o ano 2020.
O empréstito permitirá apoiar investimentos en diferentes áreas científicas e tecnolóxicas, especialmente as máis ligadas á industria española, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de patentes e de novas liñas de investigación.
O grande encontro español sobre I+D+i concluíu a semana pasada a súa oitava edición cun balance máis que positivo para a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), que acudiu acompañada de 27 parques procedentes de 12 comunidades autónomas, entre os que se atopaba Tecnópole.
A innovación é un dos factores clave para o progreso do sistema sanitario español, se ben, as grandes multinacionais do sector advirten de que as trabas fiscais e a inseguridade xurídica que rodean este negocio danan a competitividade do noso país e poñen en risco a rendibilidade do sistema actual. Esta é unha das principais conclusións do I Foro de Sanidade organizado por elEconomista e patrocinado por GSK e HLA Grupo Hospitalario, pertencente ao Grupo Asisa.
O Consorcio Aeronáutico Galego presentou en Vigo a Business Factory Aero, a primeira aceleradora do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados de Galicia, BFAero; unha iniciativa que promove en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, Indra, CTAG e Fundación CEL.
A innovación ocupa un lugar estratéxico nas empresas españolas, ata o punto de que o 93% destas ten pensado incrementar o presuposto destinado a esta área, segundo datos ofrecidos por Deloitte. Desta forma, España sitúase á cabeza da innovación, por enriba da media europea do 88%, ocupando o segundo posto no ranking de países con maior porcentaxe de compañías que aumentarán o investimento en innovación.
O Instituto Tecnolóxico, xunto coa empresa SDLE e a Axencia Galega de Innovación, colaboran no desenvolvemento dunha unidade pioneira con autonomía inédita de voo de 9 horas, ampliable con bases de recarga.