As poxas de madeira, outro exemplo do auxe da actividade en Internet

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Comprar madeira sen saír da casa. Xa non fai falta acudir ás poxas, como se facía antes, para conseguir lotes. O auxe das novas tecnoloxías e as circunstancias derivadas da pandemia, que causaron un aumento das opcións online en xestións de todo tipo, están detrás deste novo modo de compra.

Sete sesións xa efectuadas. A celebración de sesións virtuais, cuxa tramitación se regula por unha orde da Xunta de febreiro do ano pasado, ten xa alcance en toda Galicia. En cada poxa os interesados poden realizar todos os trámites por Internet, empezando pola consulta dos lotes até chegar á poxa coa que se pecha o proceso.

Unha sala virtual

As empresas e todas as persoas interesadas poden seguir o proceso nunha sala virtual. A asistencia online é posible en virtude dun convenio que asinaron a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). A plataforma creada permite facer consultas e procuras ou localizar as superficies forestais que se inclúen nunha poxa. Tamén as ofertas se poden presentar na sede electrónica da Xunta.

Fonte: La Voz de Galicia