O sector da madeira aspira a captar en dous anos 140 millóns

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A nova “Axenda de impulso da industria forestal-madeira 2022-2024” que impulsa a Xunta mobilizará 140 millóns de euros -dos que o Executivo galego porá 58- que servirán para modernizar o sector e beneficiarán a 700 empresas. Anunciouno o presidente, Alberto Núñez Feijóo, destacando que esta materia prima dos montes está «gañando novos usos».

A proba é que o sector téxtil marcouse o obxectivo, a nivel mundial, de que as fibras de madeira supoñan polo menos o 30% das súas subministracións en 2040. A isto súmase que este material e os seus derivados, como a madeira contralaminada cruzada (CLT), teñen un uso cada vez maior na construción. Con este panorama, Galicia é hoxe a novena potencia forestal de Europa, con 3000 empresas, que suman  o 12% do emprego industrial.

A estratexia galega pivotará sobre catro eixos de actuación: impulsar a formación dos traballadores; mellorar a innovación; favorecer a competitividade, promoción e diversificación e, por último, impulsar a cooperación entre sectores e a percepción social desta industria para que broten vocacións entre os mozos.

Ademais, Feijóo sinalou que Galicia tamén aspira a fondos Next Generation para materializar un investimento de 1200 millóns e desenvolver proxectos como a fábrica de viscosa a partir da madeira. Tamén aludiu ao proxecto Tech Madeira, que con 40 millóns disponse a crear unha planta piloto de novos materiais sustentables con aplicación no téxtil, o automóbil ou o naval. O desenvolvemento de programas de ecodiseño e ecoinnovación para mitigar as emisións contaminantes e a dixitalización son outros dos seus obxectivos.

Respecto da estratexia, a Xunta prevé rematar a súa actualización en marzo para aprobala. Ademais, comprométese a ampliar o uso deste material en obras públicas.

Fonte: El Progreso