Soltec Ingenieros transforma colectores marítimos en puntos de control de acceso e hixienización

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Desde o seu nacemento en 2001, Soltec Enxeñeiros proporciona servizos de consultoría, deseño de proxectos e control de execución, nos sectores de enxeñaría, industria, servizos e enerxía. Froito de necesidades específicas dos clientes xorden outras liñas de negocio como Norlean, especializada na creación de xemelgos dixitais para a súa aplicación na industria 4.0, e Versa Real Projects, especializada na construción modular.

A empresa foi unha das 20 pemes seleccionadas para o programa Connect-19, a aceleradora de empresas especializada na comercialización de solucións innovadoras fronte ao impacto da COVID-19, impulsada pola Xunta e Tecnópole. Juan Sanz, responsable de Proxectos de Soltec, explica que “desde Versa Real Projects expomos un punto de control de accesos baseado na construción modular con colectores marítimos. Concibímolo como un espazo polo que deben pasar as persoas antes de acceder a un edificio público, un centro de traballo, cultural, comercial ou de lecer, por citar algúns exemplos. Mentres se atravesa, vanse sucedendo diversas accións: toma de temperatura, control de máscaras, desinfección de solas dos zapatos e hixienización de mans”.

A firma baséase nos protocolos e recomendacións na loita contra a COVID-19 que determinan os organismos nacionais e internacionais. Estudan cada elemento que é necesario incorporar e escapan de solucións que non fosen testadas nin validadas.

A idea xorde durante a etapa de confinamento. “Por aquel entón todos nos preguntabamos como poderiamos volver facer a nosa vida na rúa e desenvolver as actividades persoais e profesionais habituais, en que novo escenario de especial seguridade poderiamos reincorporarnos aos nosos postos de traballo. Como especialistas en construcións modulares, pensamos que os nosos equipamentos podían ser unha boa solución para aqueles casos nos que o cliente non dispoña de espazo ou queira facer un control de accesos fóra das súas instalacións” -sinala Sanz-.

A empresa usa tecnoloxías de intelixencia artificial para o control de temperatura e máscara

A construción modular é unha tendencia que está a medrar nestes últimos anos, pola súa versatilidade, prezo, rapidez de prazos, capacidade de reconverter e de trasladar dun lugar a outro. Un modo moi práctico de enfocar a actividade construtiva que sintoniza cunha nova cultura e modos de consumir, ao que Soltec suma tecnoloxías baseadas na intelixencia artificial, como as cámaras empregadas para o control de temperatura e máscara.

Este produto pode resultar de interese para plantas industriais e centros de traballo de certo tamaño. En xeral, para edificios e espazos de moita trasfega de persoas, desde estadios de futbol até edificios administrativos, universidades e colexios, sen esquecer os complexos hospitalarios. “Outro nicho de mercado son os centros de maiores, porque esta pandemia fixo aínda máis palpable a importancia de que as persoas que viven nesas instalacións poidan recibir visitas dos seus familiares, e que ao mesmo tempo non supoñan riscos para a saúde. Pensando nestes casos estamos a traballar na opción de converter o propio punto de control nunha sala de visitas, con mobles e unha decoración acorde que o transforme nun espazo o máis acolledor posible, pero sen perder as medidas de seguridade necesarias segundo as circunstancias de cada momento” -apuntan desde a empresa-.

Fonte: Tecnópole