Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Tecnópole, 30 anos liderando a innovación tecnolóxica en Galicia

    O 10 de outubro de 1992 tivo lugar a inauguración oficial do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas. A súa actividade comezou en marzo de 1993 grazas ao impulso da Xunta de Galicia e ao apoio, entre outros, das tres universidades galegas, da Deputación de Ourense e dos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas. A aposta de crear en Ourense un parque tecnolóxico era nova e diferencial para a época. Naquel momento só había 9 proxectos similares en España, mentres que na actualidade funcionan máis de 60.

  • Catro firmas compostelás, no programa Galicia Avanza de internacionalización

    Catro empresas compostelás participaron na primeira edición do programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, que acaba de concluír e foi resultado da colaboración da Xunta (a través da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica) e do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).

  • O concurso de fotografía a través de Instagram que promove Galiciencia está aberto a alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España

    Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 18ª edición celebrarase no mes de maio, co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”.

  • O grupo italiano SAPA faise coa ourensá Hispamoldes, con sede en Tecnópole

    Hispamoldes, a planta ourensá que fabrica pezas en inxección para diferentes provedores, cambia de donos e pasa a estar controlada polo grupo italiano SAPA, que adquiriu unha participación maioritaria da compañía. A operación pechouse con Quarza Inversiones, un fondo de investimento fundado no ano 2019 por Cristian Abelló e que, segundo indicaron fontes oficiais, continuará formando parte do accionariado de Hispamoldes.

  • A Tecnópole apadriña a trinta pemes innovadoras para exportar

    Apostar polo talento das pequenas e medianas empresas galegas que queren dar o salto á internacionalización. Ese é o obxectivo final do programa Galicia Avanza, que organiza a Xunta de Galicia e que ten a súa sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en San Cibrao das Viñas (Ourense). Entre as trinta empresas que participaron na edición de 2022 desta aceleradora para a exportación atópanse firmas vencelladas ao sector tecnolóxico, ao biotech, así como os servizos, o ámbito sanitario ou a automoción.

  • O alumnado de Primaria de toda Galicia pode participar no concurso para deseñar a camiseta de Galiciencia 2023

    Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 18ª edición celebrarase no mes de maio, co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”.

  • Quobis Networks afiánzase en novos mercados co apoio de Galicia Avanza

    A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visitou no Porriño a sede da empresa tecnolóxica Quobis Networks, centrada principalmente en servizos de consultoría de redes a operadores de telecomunicacións e grandes empresas, ámbito do que é un referente galego, estatal e europeo. Na súa estadía Argerey comprobou os avances en materia de novos mercados da empresa galega, proceso no que foi apoiada pola aceleradora Galicia Avanza, posta en marcha por GAIN, o IGAPE e a Tecnópole en 2022.

  • A única copa menstrual do mercado fabricada con silicona platino recibe o impulso de “Galicia Avanza”

    O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Na primeira edición, que acaba de concluír, participaron 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Xa está en marcha a segunda convocatoria do programa, á que poden acceder outras 30 pemes.

  • Lincbiotech lidera un proxecto para frear enfermidades graves

    A compañía Lincbiotech, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, lidera un proxecto europeo para desenvolver moléculas que freen enfermidades graves tras obter un financiamento de 3 millóns. Contará, como socio, coa participación do Grupo de Neuroenvellecemento do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), ademais de catro entidades de Bélxica, Portugal e Reino Unido. A investigación centrarase en analizar a eficacia das novas moléculas en estudos in vivo e in vitro e verificará o seu potencial para o tratamento do pé diabético.

  • O desembarco dos fondos inversores en Ourense: o exemplo de Coasa

    O desembarco dos fondos de investimento na provincia de Ourense prodúcese a contagotas. A chegada de capital foráneo para relanzar empresas locais afecta a sectores tan dispares como o da lousa ou os xeriátricos. Hai outras operacións, como a do centro comercial Way Ourense, do investidor Kronos Real Estate Group, que se atopan en punto morto á espera de que se execute a licenza solicitada no polígono de San Cibrao das Viñas.

Páxinas