Tecnópole cederá espazo na súa sala de coworking aos gañadores da Startup Pirates

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Tecnópole cederá espazo gratuitamente na súa sala de coworking aos gañadores da edición galega do programa internacional de aprendizaxe para desenvolvemento de ideas de negocio Startup Pirates, que terá lugar entre o 3 e o 10 de maio en Ourense.

Como se explicou hai uns días na presentación do evento na sede da CEO, ademais de participar na formación e o xurado do programa, Parque Tecnolóxico de Galicia premiará os gañadores con este espazo durante tres meses e medio para o desenvolvemento das súas ideas de negocio.

StartUp Pirates ten o obxectivo de axudar a potenciais emprendedores a desenvolver ideas de negocio nunha semana. Esta iniciativa, de aÏmbito internacional e que conta con 3 anos de traxectoria noutros paiÏses do mundo, celébrase por primeira vez en Ourense e materializarase do 3 ao 10 de maio en sesións intensivas entre os emprendedores (un grupo entre 20 e 25) e os distintos colaboradores que lles axudaraÏn a acelerar a súa idea de negocio.

A CEO, como socio estrateÏxico da súa implantacioÏn en Ourense, concederá bolsas a 10 dos participantes e colaboraraÏ en todo o proceso de formacioÏn. Ademais de Tecnópole, tameÏn cooperan no seu desenvolvemento outras entidades como a Universidade de Vigo, cuxos representantes, acudiron tameÏn á presentacioÏn desta iniciativa.

Patricia DiÏaz, MariÏa Regueira e MoÏnica Mura, as responsables do programa en Galicia, explicaron na presentacioÏn a metodoloxiÏa das sesións, que se desenvolven formando equipo e potenciando as habilidades comunicativas, e expuxeron as cotas de participacioÏn e os premios que ao final do programa reciben tanto os participantes como o proxecto gañador.

A CEO participa como socio nesta iniciativa no seu afaÏn por fomentar o emprendemento nun momento importante para facelo; de feito, o seu vicepresidente destacou na presentacioÏn que o aumento rexistrado nas afiliacións á Seguridade Social do pasado mes de marzo se debe en maÏis do 50% aos emprendedores.

Recordou ademais que as leis de emprendemento que entraron en vigor recentemente facilitaron o labor deste colectivo con medidas como a tarifa plana ou a reducioÏn de carga burocraÏtica, e que "aínda que estamos no bo camiño non é suficiente porque os emprendedores necesitan mellor acceso ao financiamento, e dende aquiÏ aproveitamos para reivindicalo".

Pola súa banda, Luisa Pena, directora financeira de TecnoÏpole, destacou o papel desta entidade no mundo do emprendemento, coa posta en marcha da maior incubadora de empresas da provincia, a preincubadora de proxectos que impulsa coa Universidade de Vigo ou a sala de coworking, que daraÏ acollida aos gañadores desta edicioÏn de StartUp Pirates.

Alberto Vaquero, director da aÏrea de DescentralizacioÏn do Campus de Ourense, aproveitou para felicitar por esta actividade á CEO e a TecnoÏpole, entidades coas que a Universidade colabora asiduamente e ten outros proxectos en marcha. Vaquero recordou as caracteriÏsticas das denominadas startup ou empresas incipientes ata a súa consolidacioÏn, e destacou que no programa formativo os participantes teraÏn que levar a cabo xunto á súa idea de negocio, o fomento da creatividade, estudar o mercado ou coñecer os consumidores.

(Fonte: CEO e Tecnópole)