Tecmeva -Tecnoloxías Médicas de Vangarda- é o centro de investigación en novas tecnoloxías cirúrxicas minimamente invasivas situado no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-. Trátase dun centro punteiro no eido da cirurxía experimental na nosa comunidade, destinado á formación dos cirurxiáns, así como á mellora das condicións de seguridade, eficiencia e calidade da actividade cirúrxica.
O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Entre as empresas participantes na primeira edición está Ecoplas Barbanza, que nace en 2005, focalizándose primeiro na fabricación de mallas extruídas destinadas principalmente ao cultivo e envasado de marisco.
O alumnado de Aulas Tecnópole participou, como xa é habitual, na feira científica Exporecerca Jove de Barcelona, a máis importante deste eido no ámbito nacional. Nesta edición acudiron tres equipos: Iria Fernández e Irene López levaron o seu proxecto Mindcar, un coche movido pola mente; Roque López e Irene Día presentáronse co seu proxecto de fabricación dun biorreactor para o cultivo de espirulina; e Antía Ollero e Juan Martín Taboada levaban o seu estudo da física da porta da catedral de Ourense.
A sociedade do Parque Tecnolóxico de Galicia publicou na plataforma autonómica de contratación a licitación do servizo de xestión das súas instalacións deportivas para este verán. Trátase dunha cancha polideportiva, dúas de tenis e, sobre todo, da súa piscina ao aire libre de 25 metros.
Os pregos fixan, entre outras cousas, as datas nas que o complexo deberá permanecer aberto ao público, concretamente entre o día 17 de xuño e o 10 de setembro. As empresas interesadas no contrato dispoñen até o día 5 de abril para presentar as súas ofertas.
A compañía galega Aerocamaras, con sede en Lalín e no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, foi seleccionada para formar parte do consorcio europeo de empresas, liderado por Indra, que desenvolve o denominado Proxecto Ensure. Este proxecto está dirixido ao control do tráfico aéreo de drons mediante unha plataforma intelixente coñecida como U-Space. Trátase de lograr un control integral do tráfico similar ao que xa existe para as aeronaves de pasaxeiros ou para as embarcacións marítimas, aínda que aplicado ás peculiaridades específicas dos drons.
O 10 de outubro de 1992 tivo lugar a inauguración oficial do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas. A súa actividade comezou en marzo de 1993 grazas ao impulso da Xunta de Galicia e ao apoio, entre outros, das tres universidades galegas, da Deputación de Ourense e dos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas. A aposta de crear en Ourense un parque tecnolóxico era nova e diferencial para a época. Naquel momento só había 9 proxectos similares en España, mentres que na actualidade funcionan máis de 60.
Catro empresas compostelás participaron na primeira edición do programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, que acaba de concluír e foi resultado da colaboración da Xunta (a través da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica) e do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 18ª edición celebrarase no mes de maio, co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”.
Hispamoldes, a planta ourensá que fabrica pezas en inxección para diferentes provedores, cambia de donos e pasa a estar controlada polo grupo italiano SAPA, que adquiriu unha participación maioritaria da compañía. A operación pechouse con Quarza Inversiones, un fondo de investimento fundado no ano 2019 por Cristian Abelló e que, segundo indicaron fontes oficiais, continuará formando parte do accionariado de Hispamoldes.
Apostar polo talento das pequenas e medianas empresas galegas que queren dar o salto á internacionalización. Ese é o obxectivo final do programa Galicia Avanza, que organiza a Xunta de Galicia e que ten a súa sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en San Cibrao das Viñas (Ourense). Entre as trinta empresas que participaron na edición de 2022 desta aceleradora para a exportación atópanse firmas vencelladas ao sector tecnolóxico, ao biotech, así como os servizos, o ámbito sanitario ou a automoción.