Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 18ª edición celebrarase no mes de maio, co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”.
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visitou no Porriño a sede da empresa tecnolóxica Quobis Networks, centrada principalmente en servizos de consultoría de redes a operadores de telecomunicacións e grandes empresas, ámbito do que é un referente galego, estatal e europeo. Na súa estadía Argerey comprobou os avances en materia de novos mercados da empresa galega, proceso no que foi apoiada pola aceleradora Galicia Avanza, posta en marcha por GAIN, o IGAPE e a Tecnópole en 2022.
O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Na primeira edición, que acaba de concluír, participaron 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Xa está en marcha a segunda convocatoria do programa, á que poden acceder outras 30 pemes.
A compañía Lincbiotech, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, lidera un proxecto europeo para desenvolver moléculas que freen enfermidades graves tras obter un financiamento de 3 millóns. Contará, como socio, coa participación do Grupo de Neuroenvellecemento do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), ademais de catro entidades de Bélxica, Portugal e Reino Unido. A investigación centrarase en analizar a eficacia das novas moléculas en estudos in vivo e in vitro e verificará o seu potencial para o tratamento do pé diabético.
O desembarco dos fondos de investimento na provincia de Ourense prodúcese a contagotas. A chegada de capital foráneo para relanzar empresas locais afecta a sectores tan dispares como o da lousa ou os xeriátricos. Hai outras operacións, como a do centro comercial Way Ourense, do investidor Kronos Real Estate Group, que se atopan en punto morto á espera de que se execute a licenza solicitada no polígono de San Cibrao das Viñas.
A restauración da catedral de Santiago permitiu descubrir infinidade de novidades sobre o seu complexo proceso construtivo. O último deles ten ao seu baldaquino como protagonista, pero tamén outro espazo de referencia de Compostela, o convento de San Domingos de Bonaval. E a conexión entre ambos os símbolos da capital galega xorde grazas ao traballo do CIS-Madeira (Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia), organismo que se encargou de todo o que ten que ver co uso deste elemento para restaurar a catedral.
O Grupo Coren asinou a compra de máis de catro millóns de quilos de castañas cos que alimentará aos seus porcos destinados á gama Selecta durante o 2023. Trátase dunha renovación do convenio de adquisición deste alimento que a cooperativa ourensá ten desde hai anos con Alibós, a principal empresa recolectora e transformadora de castaña de Galicia.
A explotación porcina Casa Labradela, situada en Cervo, forma parte dun proxecto de investigación en materia xenética da raza porco celta no que participa a Xunta de Galicia. Nesta acción colaboran o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, o Centro Tecnolóxico da Carne e a asociación de criadores Asoporcel.
O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” pecha a súa primeira edición o 15 de febreiro, cun evento en Tecnópole. Esta iniciativa nace da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Durante a xornada, as 30 pemes participantes presentarán os resultados do seu paso polo programa.
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 18ª edición celebrarase no mes de maio, co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”.