Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • A Axencia Galega de Emerxencias instala o seu equipo de drons en Tecnópole para o alumnado da Aula Newton

    O 11 de febreiro conmemoráronse dúas datas importantes: o Día Europeo do 112 e o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con tal motivo, a Axencia Galega de Emerxencias -AXEGA-, a través do 112 Galicia, realizou en Tecnópole unha serie de actividades para o alumnado da Aula Newton. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o xerente de Axega, Marcos Araújo, acudiron ao Parque e acompañaron á rapazada nesta experiencia, ao tempo que responderon ás súas inquedanzas sobre o 112 e o día a día da Axencia.

  • Coinscrap Finance axuda a aforrar aos millennials

    "Aforrar non é sexy". A afirmación de David Conde, cofundador da fintech Coinscrap Finance, coincide cun curioso dato recente extraído do estudo 'The Millennial Disruption Index': o 71% dos millennials prefire ir ao dentista que á súa sucursal bancaria. A súa empresa, que actualmente pertence ao Visa Innovation Program e que participou no Visa Demo Day, deu pasos de xigante para consolidar o seu obxectivo: axudar a máis de dous millóns de familias nos vindeiros dous anos.

  • Aerocámaras, líder en formación de pilotos de dron: máis de 35.000

    Aerocámaras pecha un ano máis consolidándose como referente no mercado nacional de drons. A súa escola é líder en formación de pilotos, con máis de 35.000 certificados. A empresa lalinense, que en 2022 cumpriu quince anos de traxectoria profesional, cobre máis do 75% do sector dos drons en España. Unha das grandes novidades de 2022 foi o despregamento de Aerocámaras Portugal, con sede en Coímbra e centros de formación en Lisboa, Porto e Faro, onde xa comezou a impartir formación e ten previsto ampliar o seu catálogo de cursos.

  • Trinta empresas innovadoras galegas presentarán en Tecnópole os resultados do seu paso pola aceleradora de internacionalización “Galicia Avanza” (15 de febreiro)

    O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Nesta primeira edición, que está a piques de concluír, participan 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade.

  • Galiciencia 2023 celebrarase en maio co lema “Aeronáutica e Aeroespacial”

    Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.

  • O Parque Tecnolóxico de Galicia organiza actividades para promover e popularizar as carreiras científicas e tecnolóxicas (Aula Newton)

    “Que non veñan, que agora volvemos nós”. Así responden os alumnos do IES Ricardo Carvalho Calero cando se inicia o período de reservas para as actividades da Aula Newton, en Tecnópole. Alí estiveron o curso pasado, igual que moitos outros centros de Galicia, participando na actividade “Voando con números”, para a que Aula Newton conta con catro simuladores de voo. Así, os estudantes inícianse no mundo da aviación dunha forma totalmente inmersiva, simulando e aprendendo a resolver situacións de risco.

  • Alén Space (empresa integrada no programa “Galicia Avanza”), no consorcio español que desenvolverá a Constelación Atlántica

    A viguesa Alén Space e outras tres empresas emerxentes do sector espacial -Elecnor Deimos, DHV Technology e Satlantis- aliáronse para presentar unha proposta conxunta encamiñada ao desenvolvemento dos oito satélites cos que España participará na futura Constelación Atlántica, unha misión conxunta con Portugal.

  • A galega Coinscrap (Tecnópole) achega aos clientes do Santander unha ferramenta para aforrar de xeito sinxelo

    A firma tecnolóxica galega Coinscrap, que dá nome a unha aplicación que nos permite redondear as nosas compras con cartón de crédito ou débito pasando a diferenza entre a compra e o redondeo a unha conta de aforro, aliouse co Banco Santander para achegar aos clientes da financeira unha solución que lles permita aforrar da maneira máis sinxela, útil, eficiente e eficazmente posíbel.

  • XesGalicia apoiará o plan de crecemento de Aerocámaras

    A Xunta de Galicia apoiará á empresa lalinense Aerocámaras para avanzar no seu plan de crecemento nacional e internacional, cun investimento comprometido até un tope de 850.000 euros. Este apoio realizarase a través de Sodiga Galicia, unha entidade que xestiona XesGalicia e dentro das actuacións do plan estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia.

  • Catro ideas de estudantes do campus logran apoio da UVigo para dar o salto ao mercado

    Catro propostas emprendedoras ideadas por estudantes do campus de Ourense obtiveron apoio da Universidade de Vigo a través da convocatoria Incuvi, que ofrece formación e titoría para acelerar o proceso de saída ao mercado. Tres delas están aínda na súa fase incipiente e unha na de consolidación.

Páxinas