As pistas de tenis da zona polideportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia acollerán a finais deste mes de setembro a terceira edición do Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole, unha competición por parellas que poderá seguirse a través do Twitter e que recollerá as súas mellores imaxes na galería en Flickr.
A empresa Egatel, situada en Tecnópole, presentou os seus dous novos transmisores de televisión na IBC 2011, celebrada estes días en Amsterdam. Este evento está considerado como a feira internacional de referencia no sector do broadcasting media (radio, televisión e outros medios de comunicación electrónicos).
A empresa Unipresalud, do sector da prevención de riscos e a saúde e seguridade laborais, instalouse en Tecnópole co obxectivo de ofrecer un servizo de proximidade ás entidades situadas no recinto.
Máis dun centenar de pemes do sector das enerxías renovables de Galicia e o Norte de Portugal están a usar xa as ferramentas desenvolvidas no marco do proxecto europeo ER-INNOVA para mellorar a súa capacidade competitiva. Os seus representantes, así como responsables doutras empresas, asociacións sectoriais e plataformas tecnolóxicas, asistiron o pasado xoves á presentación de resultados desta iniciativa transfronteiriza cofinanciada pola Unión Europea (UE) a través dos FEDER e coordinada por tres socios galegos e un portugués.
O próximo día 19 de xullo terá lugar no salón de actos de Tecnópole unha xornada sobre oportunidades de financiamento de proxectos de investimento e de I+D+i. A sesión centrarase en dous programas que convocará proximamente o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), o FEDER-INNTERCONECTA e o INNPRONTA. En total, ambas as dúas convocatorias teñen unha dotación económica próxima a 500 millóns de euros.
Fernando Pérez Rodríguez, traballador da subcontrata Eulen en Tecnópole gañou o II Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, con 'O reflexo''.
A TIC galega Conexiona Telecom presentou en Tecnópole -onde se atopa a súa sede- un novo software de xestión intelixente de comunicacións para empresas. Segundo os seus creadores, trátase dun produto innovador a nivel mundial no que xa se interesaron varios distribuidores especializados.
España subiu un posto e sitúase no undécimo lugar dentro do "ranking" de países europeos con capacidade de innovación, un lugar intermedio inmediatamente despois de Alemaña e por diante do Reino Unido, segundo o "Índice Altran de Potencial Innovador 2011".
Baixo o lema 'Roadmaps for Future Navigation', a conferencia deste ano da International Association of Science Parks (IASP) centrou o seu interese no papel que deben desempeñar os parques científicos e tecnolóxicos para responder aos retos globais e promover o desenvolvemento dun crecemento sustentable.
A revista Ejecutivos celebrará o próximo 23 de xuño a I Edición dos Premios Ejecutivos Galicia, que recoñecen o labor de Tecnópole na categoría de I+D+i. A cerimonia terá lugar no Parador de Santiago de Compostela baixo a presidencia do titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.