O téxtil galego vístese de verde e crea un selo de moda sostible

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A industria da moda trazou un plan para entrar na repartición dos fondos europeos de recuperación (140.000 millóns destinados a España). O documento de Manifestación de Interese (MDI), presentado no Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, contou coa participación activa do grupo Inditex e das empresas do sector agrupadas en Cointega, a patronal galega do sector, ademais das principais organizacións do téxtil e calzado de España.

Sustentable e duradeira

Nel, a industria da moda canaliza unha recuperación baseada na sustentabilidade, unha palabra clave á hora de pasar o filtro na repartición dos fondos europeos. O modelo de futuro que trazan as empresas debuxa un escenario de economía circular, renovado tecnoloxicamente e envorcado na descarbonización, o aproveitamento dos recursos e a produción duradeira, deixando atrás as frivolidades da moda do low cost, de usar e tirar. Para todo iso fará falta diñeiro, porque os obxectivos expostos son ambiciosos.

Outra das súas metas pasa pola eliminación de desperdicio do proceso produtivo (12% do material) e a súa conversión en materia prima secundaria; e a redución de 500.000 toneladas de microplásticos. A estratexia inclúe un recorte do consumo de petróleo e de fontes de enerxía que non sexan renovables; a redución do uso de contaminantes e a diminución do consumo de auga e recursos naturais.

A loxística é outro dos puntos fortes do sector téxtil do futuro, que tamén pide fondos europeos para pór en marcha un sistema de trazabilidade que acabe coa impresión sobre cada peza dun selo «Eco» a xeito de pasaporte de sustentabilidade. Será a marca de calidade que distinga o produto de cara ao consumidor. Ese compromiso coa sustentabilidade irá acompañado dunha nova filosofía de mercado, que defende a idea de incrementar o uso que se lle dá ás pezas, un uso que, segundo datos do sector diminuíu un 36% nos últimos 15 anos como consecuencia da xeralización do modelo de fast fashion, ou de consumo rápido.

Á calor dos fondos europeos, a Xunta de Galicia xunto co seu socio industrial, o grupo papeleiro portugués Altri, busca mobilizar un investimento de máis de 800 millóns de euros para impulsar na Mariña lucense unha factoría que será capaz de elaborar até 200.000 toneladas anuais de viscosa, unha fibra téxtil que se obtén da madeira. Desta planta sairá ao redor do 3% da demanda mundial de lyocell, que é un tipo de fibra sintética que se crea a partir da celulosa, xeralmente de eucalipto. O material é totalmente biodegradable e disólvese nun disolvente orgánico, non químico, que se reutiliza durante todo o proceso. A fibra obtida presenta até un 30% de materiais reciclados, porque o proceso produtivo consegue aumentar a composición de pulpa de algodón refugado.

Fonte: La Voz de Galicia