A Xunta reforza os plans de investigación das universidades da Coruña e Vigo con máis de 9,3 millóns

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou a posta en marcha dun novo reforzo dos programas de investigación avanzada das universidades galegas, coa aprobación dunha inxección de 9,3 millóns de euros dirixida ás universidades da Coruña e Vigo. Dous convenios aos que se sumará, posteriormente, o da Universidade de Santiago.

Feijóo destacou unha achega de 4,8 millóns á Universidade de Vigo para impulsar as estruturas de xestión nos tres campus de especialización da UVigo --Campus Auga, Campus Crea e Vigo Tecnolóxico--, así como o Clúster de investigación e transferencia agroalimentaria do Campus Auga, entre outras accións.

Por outro lado, o convenio coa Universidade da Coruña incorpora outros 4,4 millóns para reforzar o único campus de especialización acreditado a nivel nacional, o Campus Industrial de Ferrol; fortalecer o Centro de investigación en tecnoloxías de información e comunicacións; ou investir en infraestruturas como a canle de ensaios hidrodinámicos, a creación dun living lab para proxectos a escala piloto con empresas ou un laboratorio de experimentación de enerxías limpas ligadas ao mar.

Tamén se autorizou a prórroga dos concertos subscritos entre o Servizo Galego de Saúde coas tres universidades. A renovación desta colaboración permite o uso das institucións sanitarias co obxectivo docente, asistencial e de investigación.

Fonte: Galicia Press