Concurso de fotografías a través de Instagram en Galiciencia online 2021

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. A súa finalidade é achegar a ciencia á sociedade, en especial aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Esta 16ª edición celebrarase os días 26, 27 e 28 de maio. Por segundo ano consecutivo, será online debido á actual situación sanitaria. Esta circunstancia permite ampliala a todo o ámbito nacional.

No marco da feira, acaba de abrirse a inscrición para o concurso de fotografía a través de Instagram (https://www.instagram.com/galiciencia/). Neste certame pode participar todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España. O concurso baséase na temática sobre a que xira esta edición de Galiciencia, “A innovación pos-COVID a través da revolución do talento”, polo que, partindo dun enfoque libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionados con este tema.

Como participar neste concurso

Todos @s rapaces e profesores que desexen participar neste concurso deberán ter en conta estes pasos: seguir o Instagram de Galiciencia, subir as fotografías á rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hastag #concursogalicienciaonline2021, poñer un título á fotografía e o centro educativo ao que pertencen. O prazo de presentación das imaxes é desde o 12 de abril ata o 28 de maio.

O número máximo de fotos que se poden presentar por persoa é de 3 e os participantes deberán ser os autores das mesmas; poden ser en branco e negro ou en cor. A resolución do xurado farase pública o 4 de xuño e o gañador recibirá un diploma e un obsequio. Máis información en www.galiciencia.com e www.galiciencia.online.