Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa de Tecnópole TxStockData mellora Senseitrade, a súa plataforma para investir en bolsa

TxStockData é unha startup galega do sector financeiro que utiliza as novas tecnoloxías para innovar. A súa plataforma tecnolóxica Senseitrade, especializada en detectar tendencias en bolsa a partir de información obtida de redes sociais e internet, xa leva tres anos con éxito no mercado e continúan mellorándoa. Ata agora a plataforma obtiña información de Twitter pero a compañía integrou Reddit para detectar tendencias no foro que poden impactar na cotización en bolsa.

Dúas estudantes viguesas gañan o primeiro premio de Galiciencia polo desenvolvemento dun ecosistema que permite xerar osíxeno e eliminar CO2 e favorecer así as misións espaciais tripuladas de longa duración

Esta 15ª edición de Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia aos máis novos, celebrouse por primeira vez de xeito online debido á actual situación sanitaria. Esta circunstancia favoreceu a participación de máis de 4.000 estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato de toda España.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugura Galiciencia, animando aos máis de 3.000 participantes de toda España a ser “os protagonistas da innovación do futuro”

Esta mañá arrancaba a 15ª edición de Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular a estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, desenvolverase ata o venres baixo o lema “A innovación do futuro”.

A empresa Primux, situada en Tecnópole, crea unha nova liña de produción que lle permite fabricar máis de 400 equipos informáticos diarios co distintivo “Made in Spain”

Primux é unha empresa tecnolóxica galega centrada no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos. Con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, acaba de poñer en marcha unha liña de produción de última xeración no Polígono de San Cibrao -Ourense-.

Os alumnos de Secundaria poderán participar en talleres de cociña molecular e os de Primaria introduciranse no mundo da electricidade en Galiciencia 2020

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Conta co apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Galiciencia celebrarase en decembro e será online, o que permite ampliala a todo o ámbito nacional

O Parque Tecnolóxico de Galicia promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos máis novos. Conta co apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

O Parque Tecnolóxico de Galicia promove que as rapazas estuden carreiras científicas e tecnolóxicas

O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, impulsado pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España  -APTE-, na que está integrado.

Tecnópole celebrou un espectáculo de ciencia online para máis de 10.000 rapaces de toda España no marco do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”

O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado.

Páxinas