Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Xesol Innovation busca 100 testers do seu sistema de axuda á condución para as probas que realizará en Tecnópole

Xesol Innovation acaba de lanzar o convite para que 100 persoas acudan o próximo mes de febreiro a Tecnópole a probar o seu sistema de axuda á condución integrado. Este dispositivo foi presentado a nivel mundial no Parque Tecnolóxico de Galicia en decembro de 2016 e dende entón foi perfeccionado de forma continuada.

A empresa tecnolóxica galega busca así obter retroacción por parte dun grupo de usuarios de perfís variados para coñecer a súa experiencia co asistente de condución intelixente.

Galiciencia explorará en 2020 a innovación do futuro

A feira científica de referencia en Galicia, Galiciencia, xa ten temática para 2020: a innovación do futuro. A súa décimo quinta edición celebrarase entre os días 6 e 8 de maio en Tecnópole, grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O prazo de recepción de proxectos abrirase no mes de xaneiro e como vén sendo habitual nos últimos anos habilitarase unha sección especial para os que exploren solucións científicas e innovadoras no ámbito do tema central da feira.

Tecnópole leva a súa experiencia en promoción do STEM feminino a Talent Woman

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a súa iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en feminino, acompañada de 21 relatores procedentes de parques membros da Asociación e mulleres STEM das súas contornas, déronse cita no maior evento de talento feminino en ciencia e tecnoloxía en España para promocionar as vocacións STEM e aproximar o labor dos parques aos máis novos.

A empresa Agroamb queda finalista na categoría de PEMEs dos Premios EMAS

A empresa lucense Agroamb, con sede en Tecnópole, logrou quedar finalista na categoría de pequenas empresas privadas dos Premios EMAS de Desenvolvemento Sostible, que concede a Comisión Europea para recoñecer as mellores iniciativas públicas e privadas neste ámbito.
 

O Agrobiotech Fest reúne a 250 axentes dos sectores da alimentación, da biotecnoloxía e da biomasa para compartir coñecemento e contactos comerciais

O Agrobiotech Fest reuniu hoxe a 250 axentes dos sectores da alimentación, da biotecnoloxía e da biomasa no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole para compartir coñecemento e contactos comerciais.
 
Este evento bienal, que chegou á súa terceira edición cun formato totalmente renovado, enmárcase no Programa Agrobiotech Innovación, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da Tecnópole.
 

200 empresas e centros de coñecemento coñecerán o último en biotecnoloxía, biomasa e agroalimentación no Agrobiotech Fest

Arredor de 200 representantes de empresas e centros de coñecemento dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa daranse cita o vindeiro venres 22 de novembro no Agrobiotech Innovation Fest, un evento bienal que chega á súa terceira edición cun formato totalmente renovado e que terá lugar de novo no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense).

O Agrobiotech Innovation Fest abre a inscrición cun formato totalmente renovado para a súa celebración o 22 de novembro

O evento de referencia en Galicia para a innovación nos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa renova totalmente o formato na súa terceira edición, que vén de abrir a inscrición a través da web fest.agrobiotech.gal. O Agrobiotech Innovation Fest terá lugar o 22 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole cun enfoque festivaleiro que inclúe novidades como os combates dialécticos nun ring de boxeo.

Tecnópole celebra o seu tradicional magosto o próximo 7 de novembro

Todos os traballadores das empresas e entidades e da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están invitados o próximo 7 de novembro ás 13.30 horas na parte traseira do Edificio CEI a celebrar unha nova edición do Magosto Tecnópole.

Á celebración, que ten lugar dende hai xa trece anos como actividade de convivencia, están invitados tamén os familiares e amigos dos traballadores, que poderán gozar da habitual gaiteirada.

Páxinas