O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, impulsado pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado.
O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado.
O Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia lanzan unha plataforma formativa de ciencia e tecnoloxía, en colaboración coa empresa Ceo Aberto, especializada na educación e divulgación científica. Esta plataforma de aprendizaxe online, denominada STEAMbites, vaise desenvolver desde o Parque para todo o ámbito nacional. Pártese da ampla experiencia de Tecnópole no eido da formación científica, tanto presencial como en liña.
O Parque Tecnolóxico de Galicia ten aberto a través da súa páxina web o prazo de inscrición en Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole, os cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudantes de 8 a 18 anos. A matrícula poderá realizarse ata o 30 de setembro.
O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), puxeron en marcha unha aceleradora de pemes especializada na comercialización de solucións contra o impacto da COVID-19. Neste programa, denominado Connect-19, van participar 20 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. A esta iniciativa, á que se van destinar preto de 600.000 euros, presentáronse un total de 53 empresas galegas.
O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- acaba de abrir ao público a piscina e súas instalacións deportivas, que están a disposición de calquera particular, familia ou grupo, ademais das persoas que traballan no Parque. A piscina permanecerá aberta durante todo o verán, ata o vindeiro 8 de setembro.
O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- pon en marcha o primeiro campamento tecnolóxico de verán online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria. O T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que ata o de agora era presencial, cumpre a súa oitava edición. As circunstancias derivadas da actual crise sanitaria levaron a redeseñar o seu desenvolvemento, adaptándoo á nova realidade.
O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia poñen en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Neste programa, denominado Connect-19, poderán participar ata 20 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade.