Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2020 desde hoxe ata o próximo 15 de marzo. A maior feira científica de Galicia terá lugar os días 6, 7 e 8 de maio, coa innovación do futuro como temática central.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) lanzou a súa nova publicación "Infraestruturas de innovación nos parques científicos e tecnolóxicos de España", cunha recompilación de 228 equipamentos que están a desenvolver actividades punteiras en materia de I+D+i. Os laboratorios do CIS-Madeira e do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), xunto coa Unidade de Cirurxía Experimental de Tecnópole, forman parte deste catálogo de infraestruturas.
Xesol Innovation acaba de lanzar o convite para que 100 persoas acudan o próximo mes de febreiro a Tecnópole a probar o seu sistema de axuda á condución integrado. Este dispositivo foi presentado a nivel mundial no Parque Tecnolóxico de Galicia en decembro de 2016 e dende entón foi perfeccionado de forma continuada.
A empresa tecnolóxica galega busca así obter retroacción por parte dun grupo de usuarios de perfís variados para coñecer a súa experiencia co asistente de condución intelixente.
A feira científica de referencia en Galicia, Galiciencia, xa ten temática para 2020: a innovación do futuro. A súa décimo quinta edición celebrarase entre os días 6 e 8 de maio en Tecnópole, grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
O prazo de recepción de proxectos abrirase no mes de xaneiro e como vén sendo habitual nos últimos anos habilitarase unha sección especial para os que exploren solucións científicas e innovadoras no ámbito do tema central da feira.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a súa iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en feminino, acompañada de 21 relatores procedentes de parques membros da Asociación e mulleres STEM das súas contornas, déronse cita no maior evento de talento feminino en ciencia e tecnoloxía en España para promocionar as vocacións STEM e aproximar o labor dos parques aos máis novos.
A empresa lucense Agroamb, con sede en Tecnópole, logrou quedar finalista na categoría de pequenas empresas privadas dos Premios EMAS de Desenvolvemento Sostible, que concede a Comisión Europea para recoñecer as mellores iniciativas públicas e privadas neste ámbito.
O Agrobiotech Fest reuniu hoxe a 250 axentes dos sectores da alimentación, da biotecnoloxía e da biomasa no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole para compartir coñecemento e contactos comerciais.
Este evento bienal, que chegou á súa terceira edición cun formato totalmente renovado, enmárcase no Programa Agrobiotech Innovación, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da Tecnópole.
Arredor de 200 representantes de empresas e centros de coñecemento dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa daranse cita o vindeiro venres 22 de novembro no Agrobiotech Innovation Fest, un evento bienal que chega á súa terceira edición cun formato totalmente renovado e que terá lugar de novo no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense).