Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Sonen presenta o seu proxecto SonArchitect no 'II Congreso de Aislamiento Térmico y Acústico'

A empresa galega Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións, con sé en Tecnópole, presentará o seu novo software para o cálculo de illamento acústico segundo o Código Técnico da Edificación mediante unha ponencia no ‘II Congreso de Aislamiento Térmico y Acústico’, que se celebra entre hoxe e o xoves en Madrid.

Tecnópole pon en marcha a súa nova newsletter online

Parque Tecnolóxico de Galicia publica hoxe a súa primeira edición do boletín online quincenal aberto á subscrición da comunidade innovadora, pensado tanto para as empresas e centros que operan desde Tecnópole como para todos os axentes interesados na actualidade da institución e noutros temas relacionados con axudas á innovación empresarial, novas tecnoloxías, políticas de I+D+I, etc.

Tecnópole anima aos centros escolares galegos a participar na próxima edición da ‘Galiciencia’

Tecnópole anima aos profesores e alumnos dos centros escolares galegos a participar na segunda edición da ‘Galiciencia’, a feira científica que o Parque Tecnolóxico de Galicia organiza no marco da Semana da Ciencia promovida pola Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria.

Tecnopole avanza na especialización en enerxías renovables coa instalación de novas empresas e progresos no CEER

O Consello de Administración da Tecnópole aprobou hoxe a implantación dunha nova empresa e a ampliación doutra relacionadas coas enerxías solar e eólica e foi informado dos avances nas instalacións do novo Centro de Experimentación en Enerxías Renovables (CEER).

Tecnópole colabora coa Universidade de Vigo no seu novo Máster de creación, dirección e innovación na empresa

O novo ‘Máster Creación, Dirección e Innovación na Empresa’ da Universidade de Vigo comezará a impartirse no curso 2008-2009 coa colaboración activa da Tecnópole.

As empresas da Tecnópole terán asesoramento gratuíto en materia de propiedade industrial

As empresas da Tecnópole contarán con asesoramento gratuíto para cuestións relacionadas coa propiedade industrial grazas ao convenio de colaboración asinado nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) polo director xeral de I+D+I da Consellaría de Innovación e conselleiro delegado do Parque, Salustiano Mato, e o director xeral da consultora Clarke, Modet e Compañía, Alejandro Klecker de Elizalde.

Un atril pasapáxinas e unha base múltiple para conexións eléctricas gañan a VI edición do Premio Galicia Innovación Junior

Un atril cun sistema “pasapáxinas” e unha base múltiple para conexións eléctricas son os inventos gañadores da VI Edición dos Premios Galicia Innovación Junior, que a Consellaría de Innovación e Industria entregou esta maná no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense).

Tecnópole recibe a visita dunha delegación polaca interesada na dinámica innovadora da entidade

Unha delegación formada por dez representantes da rexión polaca da Pomerania Occidental percorreu esta mañá as instalacións da Tecnópole para coñecer o modelo de xestión da entidade de innovación galega.

Páxinas