Quen Somos

O Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. é a entidade responsable de xestionar un conxunto de infraestruturas, espazos, recursos, capacidades e servizos destinados a empresas, emprendedores e proxectos que utilizan como ferramentas de crecemento a innovación e o coñecemento.
 
Tecnópole é unha comunidade de talento onde as iniciativas individuais se suman ás capacidades e as visións compartidas, onde flúe a información e o coñecemento onde as empresas se poñen en marcha crecen e compiten.

Historia

Tecnópole foi inaugurada o 10 de outubro de 1992 e comezou a desenvolver a súa actividade en marzo de 1993 grazas ao esforzo da Xunta de Galicia, que contou, entre outros co apoio das tres Universidades galegas, a Deputación de Ourense e os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas.
 
A súa posta en marcha debeuse á necesidade de crear un ámbito de referencia en Galicia dirixido a acoller, apoiar e potenciar iniciativas empresariais de marcado carácter innovador e que apostasen pola tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento como eixes da súa actividade.

Organización

Consello de Administración

  • Presidente

    D. Francisco Conde López
    Conselleiro de Economia e Industria.
  •  
  • Vicepresidente

    Dª. Patricia Argerey Vilar
    Directora da Axencia Galega de Innovación
  •  
  • Secretario

    D. Angel Piñeiro Nogueira

Vogais do Consello de Administración

  •  
  • Dª. María José Mariño Fontenla
    Axencia Galega de Innovación
  •  
  • D. Fernando Guldrís Iglesias
    Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
  •  
  • D. Pablo Casal Espido
    Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria
  •  
  • Dª. Iria Santodomingo Foulquie
    Corporación Empresarial y Financiera de Galicia S.L.U.
  •  
  • D. José Lino Comesaña Calvo
    Corporación Empresarial de Tenencia de Activos de Galicia S.L.U.
  •  
  • Dª. Cristina Cobas Romay
    Torre de Hércules Inversiones Corporativas S.L.
  •  
  • D. Rosendo Luis Fernández Fernández
    Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico.

Accionariado

Na actualidade, o órgano de xestión de Tecnópole -a sociedade xestora Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.- participada polas seguintes institucións:
  • Xunta de Galicia (50,52 %)
  • Abanca Corporación Bancaria S.A. (37,34 %)
  • Deputación de Ourense (3,49 %)
  • Universidade de Vigo (1,80 %)
  • Universidade de Santiago (1,80 %)
  • Cámara de Comercio e Industria de Ourense (1,66 %)
  • Concello de Ourense (1,66 %)
  • Concello de San Cibrao das Viñas (0,67 %)
  • Confederación Empresarial de Ourense (0,40 %)
  • Unión Xeral de Traballadores (0,33 %)
  • Universidade da Coruña (0,33 %)